Os días pasados celebrouse un novo Pleno do Consello Galego de Estatística no que se trataron, entre outras cuestións, os contidos do Programa Estatístico para o ano 2013, que abranguerá máis de 150 actividades, moitas delas relacionadas coa procura de meirande transparencia na información do Consello e doutras entidades relacionadas. Nun plano máis concreto, entre esta ampla listaxe de accións inclúese unha que nos toca de cheo e que repercutirá, positivamente, no coñecemento do tecido produtivo relacionado coas novas tecnoloxías dixitais (presenza, actividade, características, etc). Falamos da Estatística de Empresas TIC.
José Antonio Campo Andión, director xeral do Instituto Galego de Estatística e presidente do dito Pleno, fixo saber no seu transcurso que co fin de mellorar a intercomunicación da organización estatística xa se pode consultar na web do IGE o Inventario de Actividades, un acubillo de datos no que figura a información máis técnica de cada actividade, a súa evolución nos distintos programas e as súas relacións cos plans anteriores.
O programa estatístico para 2013 incluirá máis información sobre o tecido galego TIC
Compartir Este Artigo
