
Nas plataformas sociais este proxecto tamén gozou de boa aceptación, superando os 5.000 seguidores a través de Facebook, plataforma cun grao de interacción dos usuarios bastante elevado, con máis de 18.100 accións dos seguidores, que comentan e comparten contidos.
Os contidos máis comentados e compartidos polos usuarios son os menús diarios para toda a familia, os consellos nutricionais para previr enfermidades crónicas e as táboas de actividade física, sendo os seguidores das canles oficiais de Xente con Vida persoas entre 24 e 44 anos, ubicados nas sete cidades galegas e en cabeceiras comarcais.
Os usuarios das redes sociais atopan con este proxecto ferramentas útiles para facer eleccións máis saudables; información accesible, razoada e veraz; intercambio de coñecementos e experiencias compartidas; e resolución das dúbidas sobre os comentarios publicados. Estas plataformas constitúen unha ferramenta útil nos procesos de apoio, interpretación, transmisión e intercambio de información entre os consumidores, actuando como punto de encontro para a saúde.
Xente con Vida pecha o ano con máis de 5.000 seguidores en Facebook
Compartir Este Artigo
