
Cómpre lembrar que durante os meses de xullo a setembro de 2012 o Instituto de Estudos Turísticos de Galicia presentou ao sector hostaleiro galego en diversos encontros coas asociacións das principais cidades galegas a aplicación de xestión de establecementos hostaleiros, “unha ferramenta pioneira no Estado para mellorar a xestión dos pequenos establecementos turísticos e para compartir datos estatísticos”, sinalouse daquela, tal e como informamos dende Código Cero.
Este recurso, recordaremos, permite aos pequenos establecementos xestionar as súas reservas e facturas nunha base de datos ordenada de clientes; fixar e modificar os prezos dos cuartos en función das características dos mesmos; obter informes de xestión e planificacións semanais e/ou mensuais de limpeza, de datos de ocupación; isto é, operacións do día a día que afectan á carga de traballo do empresario, xerente, recepcionista, persoal de limpeza. Segundo informou o Instituto, a aplicación “está a ter unha importante acollida nos establecementos aos que vai dirixida xa que cobre perfectamente as súas necesidades e non lles supón ningún custo de adquisición”.
Aplicación de captura e explotación de datos de índole turística en tempo real
Polo que respecta ao segundo dos recursos achegados, dicir que dende o pasado mes de agosto están a pórse en funcionamento nas Oficina de Turismo da Xunta de Galicia un total de 7 paneis táctiles que, grazas a unha aplicación informática especialmente deseñada para este traballo polo IETG, permitirán a explotación de datos de índole turística en tempo real. A través deste panel, as persoas que acudan ás oficinas turísticas, poderán, ademais de consultar información turística de cada destino, realizar unha enquisa turística que permitirá obter datos dos perfil do viaxeiro na Comunidade: estancia (aloxamento), motivo da visita, duración, medio de transporte utilizado ou aspectos de valoración.
Este sistema de enquisas, que segundo informan AMTEGA e o IETG é pioneiro en Galicia, require simplemente que a oficina conte con acceso a Internet dende o punto de información turística. Unha vez recollidos os datos, o sistema inclúeos directamente nunha base de datos conectada ó servidor central do IET Galicia, responsable de procesalos. Esta fonte de información facilitará aos responsables da Administración Turística unha toma de decisións máis axustada á realidade do mercado turístico.
O sector turístico galego e estatal beneficiaranse de dúas aplicacións libres deseñadas polo IETG
Compartir Este Artigo
