Un informe de Global Equities Research desvela que no ultimo trimestre de 2012 Apple vendeu entre 3 e 4 millóns de iPhones a empresas, o que sería un claro signo da decadencia de RIM, que non consegue manter os seus terminais BlackBerry nas empresas, que cada día teñen menos problemas para optar por outras solucións baseadas en iOS ou Android, que teñen sobradamente demostrada a súa solvencia.
Parece ser que en boa medida o cambio a iPhone vén provocado porque os comerciais de moitas empresas queren empregar o smartphone de Apple para amosar os seus produtos. Ao adquirirse estes terminais con compromisos de permanencia de 24 meses faise cada vez máis complicado que estas contas corporativos volva a RIM no futuro, especialmente se tempo en conta que Microsoft tamén está na guerra por captar aos usuarios profesionais con Windows Phone.
Medra a presenza do iPhone na empresa
Compartir Este Artigo
