
Como lembraremos, estamos ante unha iniciativa que se sitúa a medio camiño entre un maratón hacker e unha xeira de análise colectiva de ferramentas e servizos (un startup weekend). Ou sexa, The APP Team é un encontro á medida dos novos desenvolvedores galegos de proxectos TIC para permitir, entre xente afín, que as súas ideas se materialicen.
Como dixemos xa en Código Cero os días pasados, estamos ante un evento pechado a desenvolver na sede de WekCo (Polígono de Pocomaco), cun proceso de inscrición (xa rematado) no que os organizadores (participantes posibles) seleccionaron os perfís profesionais máis acaídos á iniciativa para logo ir formalizando os diferentes equipos. The APP Team achegou información detallada sobre o seu desenvolvemento nos seus sitios de Facebook e (sobre todo) Twitter.
Estes son os perfís que se procuraron: deseñador web (con coñecementos en HTML5, responsive design ou CSS3, interaccións entre usuarios, metodoloxías lóxicas, etc), Frotender e Backender.
A cita será como dixemos na sede de WekCo na avenida Novo Mesoiro, no número 2, baixo, na Coruña. Con todo, o evento non rematará aquí. Logo do encontro propiamente dito, o equipo desenvolvedor da idea converterase en propietario do proxecto e terá ao alcance diferentes recursos, achegados pola organización, para que a semente medre.
Desenvolvedores galegos unen forzas esta semana para participar no reto The APP Team
Compartir Este Artigo
