A Universidade de Santiago de Compostela que actualmente xestiona entorno a 27.000 postos de rede entre os seus Campus de Lugo e Santiago repartidos en 240 armarios de comunicacións ao longo dos seus 95 edificios existentes entre ambos os dous campus, acaba de implantar o seu Data Center de Backup para o que optouse por unha solución que achegue un Centro de Datos Intelixente o cal implica flexibilidade, rendibilidade, supervisión e control.
A implantación do devandito Data Center correu a cargo da empresa galega CIE Tecnologías, e o sistema supervísase e xestiónase mediante a ferramenta DCIM de LANSense baseada no software de xestión iTRACS. Na parte de infraestruturas apostouse por fabricantes líderes de mercado en equipamento para Data Center e entre os que podemos destacar APC by Schneider Electric e Nexans.
No que se refire a solución implantada cabe destacar a arquitectura de refrixeración por impulsión (Plenum) mediante o confinamento do corredor frío optimizando así o rendemento e vida útil das máquinas e unha maior eficiencia no consumo enerxético reducindo este entorno a un 45% respecto a sistemas tradicionais de refrixeración. Un dos puntos a resaltar tamén é o grao de integración a nivel de xestión e operación das súas infraestruturas de telecomunicacións todo iso baixo a mesma plataforma DCIM.
A USC estrea un novo centro de datos para copias de seguridade
Compartir Este Artigo
