A Aula TIC PEME da USC oferta un curso de formación en liña de 100 horas de duración sobre Xestión de relacións cos clientes e xestión de tendas virtuais que se impartirá a partir do 15 de xaneiro de 2013, e que xa ten o prazo de inscrición aberto.
O obxectivo do curso é capacitar ao alumnado para sacar o máximo rendemento da súa empresa a través da xestión da trazabilidade, dende o control interno dos clientes ata a administración da súa propia tenda virtual. Para isto empregaranse as ferramentas libres Vtiger CRM, para a xestión de relacións co cliente, e PrestaShop para a xestión das tendas virtuais.
O curso será impartido baixo unha metodoloxía totalmente en liña e terá unha duración de 100 horas. Ao remate do curso, emitirase un certificado acreditativo da aula TIC PEME da USC aos participantes e o seu prezo é de 200 €, podendo contactar os interesados coa Aula por correo electrónico ou a través do teléfono de contacto 982 285 900 ext. 24483.
A Aula PEME da USC en Lugo forma virtualmente sobre a xestión de tendas en liña
Compartir Este Artigo
