
Hernández engadiu que este seguimento, xunto coas cifras de descarga rexistradas da aplicación MeteoSix Mobile (que ao longo do ano pasado foron 26.500), demostra que os servizo de meteoroloxía é un referente para os cidadáns en materia de información ambiental.

Índices de ruído
A partir de agora na web de Meteogalicia pódense consultar diariamente os principais índices de ruído, cun detalle de tres franxas horarias diferentes (mañá, tarde e noite), tal e como establece a lexislación vixente, converténdose Galicia na primeira Comunidade Autónoma en facer tal grazas a unha rede de observación de ruído ambiental formada por unha serie de sonómetros nas estacións de calidade do aire nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

Outras novidades
Sobre as novidades con respecto a esta tarefa de Meteogalicia destaca que a predición ofrécese para os 315 concellos de Galicia, o que significa multiplicar por 17 a predición, que na actualidade só se amosaba para 18 localidades.
Definíronse novas iconas de meteoros e ventos que permiten maior detalle na información de predición e incorpóranse novas iconas que ata o de agora non tiñan representación (como pedrazo e auga neve) e outras para entrar en maior detalle (chuvia débil e forte ou para nevadas intermitentes ou continuas).
