
Apuntaba Taibo que Egatel -dedicada ao deseño, desenvolvemento e fabricación de equipos de transmisión de radio e TV dixital- está a vivir un proceso de internacionalización con moi bos resultados.
Outro dos participantes desta cita foi Manuel García -cofundador de Zarpamos– quen falou da súa empresa, que actúa desde A Coruña como aceleradora de proxectos emprendedores baseados en internet para emprendedores. García subliñou a importancia da colaboración, xa que eles se dedican a dar soporte aos emprendedores dende a incubación da idea ata a busca de financiamento.
Tamén estivo presente na Tecnópole Lola Palacio -fundadora de The Glass Concept– quen informou aos asistentes sobre o seu produto, unha evolución das lousas convencionais pero en vidro e con propiedades magnéticas para escribir, fixar papeis, retroiluminalas e facer proxeccións sobre elas. Dicir que este enxeño, deseñado e fabricado desde Pontevedra, conta xa con clientes como Apple ou Starbucks.
Logo destes relatorios, as/os participantes comezaron a fase de speed dating con ata 15 reunións de sete minutos cada unha. Engadir que os asistentes xa levaban a súa axenda configurada, pois con anterioridade tiñan elixido aos profesionais que lles interesaba coñecer.
Egatel, Zarpamos e The Glass Concept reuniron a medio cento de empresarios na Tecnópole
Compartir Este Artigo
