
Kim Dotcom asegurou que na primeira hora Mega sumou 100.000 usuarios rexistrados (o que podería ser todo un record para unha startup) e superou os 250.000 rexistros só unha hora despois, saturando totalmente os servidores de Mega, non publicándose máis datos a partir dese momento (estímase que puido superar o millón en 24 horas) e prometendo Dotcom que prepararían os sistemas para poder atender á impresionante carga á que se viron sometidos.

Polo momento o que está claro é que Mega só está a ofrecer un servizo de almacenamento na nube semellante a Dropbox, que aínda non está plenamente operativo, pero que grazas ao ruído provocado por Megaupload goza da mellor campaña publicitaria posible, pois os medios de todo o mundo están a falar do proxecto de balde, pulo que de aproveitarse podería servir para superar a todos os seus competidores e establecerse como base para outras iniciativas na mesma liña, que desta volta están deseñadas para evitar problemas legais, o que en boa medida supón a desprotección dos usuarios, xa que as medidas de seguridade de Mega non están aí para garantir o anonimato dos usuarios, senón para protexer á compañía de accións legais ao deixar toda a responsabilidade do uso do servizo nos usuarios.
Mega ten unha estrea accidentada por mor da masiva afluencia de usuarios
Compartir Este Artigo

