Nokia fixo públicos os seus resultados financeiros do último trimestre de 2012 (dispoñibles en formato PDF), aproveitando para repasar os resultados anuais, reflexando unha mellora nos seus resultados ao remate do ano, o que parece ser consecuencia da chegada de Windows Phone 8, que revitalizou a familia de móbiles Lumia, dos que venderon 4,4 millóns de unidades en tal período. Así, aínda que en 2012 Nokia rexistrou un caída de 0,84 euros por acción, no último trimestre o resultado sería dun beneficio de 0,05 euros por participación, retomando así a senda positiva.
Pero esta mellora de resultados é en boa medida froito da dura reestruturación que está a vivir a empresa (co despedimento de 10.000 empregados, a venda da división de móbiles de luxo, o peche dunha das súas fábricas, a venda da súa sede…), así como á recollida de froitos dos fortes investimentos realizados en meses anteriores, polo que consideran que 2012 só é un ano de transición, agardando ter un 2013 moito mellor grazas á mellora da súa competitividade e controlando mellor os seus custos.
Dende Nokia tamén veñen de confirman que o Nokia 808 PureView é o derradeiro móbil que a compañía finlandesa fabricará con Symbian, dicindo así adeus a un sistema operativo que serviu a Nokia para popularizar os smartphones, pero que non soubo estar á altura de iOS e Android.
Os resultados económicos de Nokia remontan no último trimestre de 2012
Compartir Este Artigo
