
Alberto Calcerrada, director de Comunicación de Trivago España, entregará o premio a Reyes Leis Rodríguez, primeira tenente de alcalde do Concello de Santiago de Compostela e concelleira delegada de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, quen recollerá o galardón en nome da cidade.
Como lembraremos a análise das calidades turístico-dixitais das cidades españolas, base para os premios que se entregan esta semana, realizouse nas 40 urbes con maior número de hoteis, téndose en conta 1.7 millóns de opinións de usuarios rexistradas tanto nas diferentes plataformas de Trivago como nas webs de reserva que compara.
Finalmente, Santiago resultou ser a cidade española con mellor reputación en liña, cunha valoración media de 82.05 puntos sobre cen. Xunto a Oviedo, con 80.19 puntos, son os únicos destinos analizados que superan os 80 puntos. Valencia, con 79.82, é a terceira do ranking, Burgos é a cuarta, con 79.74, e Córdoba, a quinta, con 79.71. O resto de cidades que conforman o ranking do dez cidades con mellor reputación dixital son Salamanca (79.70), Barcelona (79.56), Málaga (79.40), Bilbao (79.17) e Zaragoza (78.98).
Por certo que estes galardóns xorden para recoñecer o bo traballo dos aloxamentos das cidades estatais, “xa que a reputación a través das redes tecnolóxicas é un dos factores que máis inflúen tanto na decisión de compra dos viaxeiros como na creación dunha imaxe de marca sólida por porte dos hostaleiros”, informa Trivago.
Santiago recibe este mércores en FITUR un premio á reputación en liña do seu sector hostaleiro
Compartir Este Artigo
