
Esta iniciativa cobra especial relevancia hoxe, Día Internacional da Internet Segura, xornada para promover o uso responsable da Rede, actitude que hai que impulsar incluso entre os nacidos inmersos nas TIC, que seguen a ter carencias a este respecto, chamándoos á reflexión sobre o seu comportamento nas redes sociais, onde están a compartir moita información persoal cun grupo moi amplo de amigos, de aí que precisen de ser conscientes do que supón tal grao de visibilidade.
Entre os obxectivos destes obradoiros está evitar os casos de acoso a través da Internet e fomentar prácticas seguras no uso da Rede, como evitar deixar aberta unha sesión nun equipo de acceso público, dar información persoal a través da Internet e descargar arquivos e orixe descoñecida, non empregar sempre o mesmo contrasinal, etc.
Algúns destes obradoiros contan coa colaboración de funcionarios dos departamentos de investigación de delitos tecnolóxicos da Policía Nacional e da Garda Civil, que informan aos alumnos do que son este tipo de delitos e de como poden denunciarse.
Uns obradoiros de uso responsable das redes sociais percorren os institutos galegos
Compartir Este Artigo
