
Asemade, podemos ver as súas achegas na web Motorpasion.com, na que colabora arreo. Lembrar tamén que Seijo, enxeñeiro técnico en Informática de Sistemas pola Universidade da Coruña, é responsable do blog El agujero de gusano, posto en marcha alá polo 2003 e hoxe aínda en activo e facendo gala do que dixemos ao comezo deste texto: un aproveitamento integral e activo do formato da bitácora en liña para “comunicar de xeito máis próximo, amplo e dinámico”, sinala Seijo. As temáticas a tratar na cita deste xoves son as seguintes: historia dos blogs e das redes sociais, blogs como ferramentas de promoción e estado actual e tendencias de futuro.
Daniel Seijo impartirá este xoves na Coruña un relatorio sobre o poder de promoción e comunicación dos blogs
Compartir Este Artigo
