
Este proxecto de interoperabilidade entre os dous organismos, informaron, “nutre de información as bases de datos do IGE, permite o intercambio de información; facilita a obtención automática de datos estatísticos e simplifica os trámites para os cidadáns, os profesionais e as diferentes administracións sen ningún tipo de custe para o Instituto”. No marco deste convenio e meténdonos nun plano máis concreto, dicir que o Instituto Galego de Estatística e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia colaborarán na edición e publicación da información estatística da actividade de edificación e urbanismo nas distintas divisións territoriais de Galicia, é dicir, por provincias, comarcas e concellos.
O IGE incorpórase ao proxecto desenvolvido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia –dependente da Xunta de Galicia- e o Colexio de Arquitectos sobre a tramitación telemática das licencias urbanísticas na Comunidade, “unha iniciativa enmarcada na estratexia tecnolóxica do Executivo galego para o desenvolvemento da Administración Electrónica na comunidade autónoma e que permitirá, tamén, avanzar na sistematización e automatización da enquisa Estatística de construción de edificios”.
O Instituto Galego de Estatística e o Colexio de Arquitectos intercambiarán tecnoloxía para optimizar os seus servizos
Compartir Este Artigo
