O Centro de Excelencia de Vigo celebrará o 14 febreiro, a partir das 10:00 horas, nas instalacións centrais do Consorcio da Zona Franca de Vigo, a xornada A intelixencia competitiva. Un alicerce fundamental para a innovación empresarial, incluída no seu Programa de Actividades en Aberto. A xuntanza, de interese para empresas, agrupacións empresariais e institucións da nosa terra que estean proxectando fortalecer a súa cultura innovadora, ten por finalidade informar dunha “nova forma de pensar e actuar”. Isto é: un novo xeito de tirar partido do coñecemento e habilidades adquiridas para ser máis fortes no mercado. Falamos da metodoloxía da Intelixencia Competitiva. En virtude disto, os relatores do encontro amosarán polo miúdo os detalles dun bo número de ferramentas innovadoras ao dispor das nosas empresas.
O programa da xornada está estruturado en tres partes: a primeira estará dedicada a relatorios xerais sobre a materia; a segunda, á celebración dunha mesa redonda que achegará casos reais de empresas que xa aplican metodoloxías na contorna da vixilancia tecnolóxica e a intelixencia competitiva; e a terceira, a ofrecer consultoría personalizada ás persoas interesadas que o solicitaron no momento de realizar a inscrición. As persoas interesadas en participar nesta actividade, que é de balde, deben enviar o formulario que atoparán na páxina web do Centro de Excelencia de Vigo.
Programa de actividades
09:30h. Rexistro de asistentes
10:00h. Apertura da xornada
Rosa Eguizabal. Directora de Xestión de Chan. Consorcio da Zona Franca de Vigo
PARTE I
10:10h. Intelixencia Competitiva: Que e para que?
Sergio Larreina. Director de Intelixencia Competitiva. Pons Patentes e Marcas
10:30h. Como me pode axudar a vixilancia competitiva na miña estratexia empresarial de internacionalización?
Paula Igrexas. Coordinadora Unidade de Vixilancia Tecnolóxica. AIMEN Centro Tecnolóxico
10:50h. Observatorios Tecnolóxicos e de Mercado: Vixilancia Competitiva ao Servizo da Empresa
Pablo López. Membro da Xunta Directiva. ASPICGA (Asociación para a Promoción da Intelixencia Competitiva de Galicia)
PARTE II
11:40h. Experiencias empresariais de Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia
Moderador mesa: José Carlos García. Coordinador tecnolóxico. Consorcio da Zona Franca de Vigo
A Intelixencia Competitiva aplicada ao sector pesqueiro
Carlos Groba. Responsable TIC. Marine Instruments
A Intelixencia Competitiva aplicada ao sector loxístico
Nicolás Troncoso. R&D Manager de Vasco Galega
A Intelixencia Competitiva aplicada ao sector do mobiliario urbano
Pablo Buyo Souto. Responsable de Produción de Galopín Parques
12:30h. Rogos e preguntas
PARTE III
12:45h. Consultoría privada individualizada
Sergio Larreina. Director de Intelixencia Competitiva. Pons Patentes e Marcas
Paula Igrexas. Coordinadora Unidade de Vixilancia Tecnolóxica. AIMEN Centro Tecnolóxico
Pablo López. Membro da Xunta Directiva. ASPICGA (Asociación para a Promoción da Intelixencia Competitiva de Galicia)
14:00h. Fin da xornada
O Centro de Excelencia de Vigo convida ás empresas galegas a coñecer as principais ferramentas innovadoras
Compartir Este Artigo
