O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG) rende hoxe homenaxe ao ex xefe provincial de Inspección de Telecomunicacións de Pontevedra, Manuel Pereira Pola, co gallo da súa xubilación, nunha cerimonia na que se lle entregará unha placa conmemorativa para agradecer a súa dedicación ao sector das telecomunicacións e pola súa colaboración co COETG no desenvolvemento das ICT en Galicia e en moitas actuacións conxuntas.
Á homenaxe asistirán os xefes provinciais das Xefaturas de Inspección de Telecomunicacións de Galicia, compañeiros de Pereira Pola, e representantes tanto da Administración Autonómica como dos enxeñeiros de telecomunicación colexiados.
Manuel Pereira Pola foi testemuña directa da explosión das telecomunicacións e contribuíu á implantación dos novos sistemas de telecomunicacións na provincia de Pontevedra a través do seu cargo como xefe provincial de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo dende decembro de 1991.
O COETG homenaxea a Manuel Pereira Pola
Compartir Este Artigo
