
Agora a guerra parece estar por conquistar o posto de terceiro fabricante mundial de smartphones, logro que foi parar a Huawei, compañía chinesa que ata hai pouco tiña sona de dedicarse á fabricar dispositivos de marca branca ou de baixa gama, pero que con móbiles como os Huawei Ascend D2 e Mate conseguiu labrarse unha boa reputación, chegando a vender 27,2 millóns de smartphones en 2012 (un 73,8% máis que en 2011).
Que Samsung está a tomar cada vez un maior pulo resulta evidente, pero tamén é destacable o que está a acontecer con Apple, que pese a manter un bo ritmo, está a desprazar as súas vendas cara aos seus dispositivos máis económicos, de xeito que o iPhone 4 e 4S están a ter mellor saúde que o iPhone 5, á vez que a chegada do iPad mini podería ter prexudicado ás vendas, por ampliar o abano de elección do consumidor, que tiña que elixir se actualizar o seu iPhone ou facerse cun iPad de menores dimensións.
Se analizamos as vendas mundiais por sistemas operativo móbiles durante o último trimestre de 2012 temos que Android conseguiu acaparar o 69,7% das vendas, iOS quedou co 20,9%, BlackBerry co 3,5 e Microsoft co 3%, mentres que o resto de plataformas quedaron cunhas cantidades residuais que continúan o seu ciclo descendente, deixando un espazo polo que en 2013/14 pugnarán Ubuntu Phone OS, Firefox OS e Tizen, entre outros.
Huawei pechou 2012 como o terceiro fabricante mundial de smartphones
Compartir Este Artigo
