O comercio electrónico está a converterse nunha das canles máis empregadas á hora de facer as nosas compras, abríndose así este mercado a millóns de usuarios de Internet. Tomando isto como base, o Ministerio de Industria pon en marcha a segunda edición do programa Vendes en Internet?, unha idea para promover o comercio electrónico encamiñada a PEME, microPEME e autónomos dos sectores alimentario, téxtil, mobiliario e informático. Máis polo miúdo, os sectores nos que se centra esta edición son os relacionados cos produtos alimenticios e bebidas; artigos de vestir e calzado; equipos informáticos e electrónicos, discos, películas, software de consumo; mobles e decoración…
Emporiso, Industria quere achegar de balde obradoiros formativos e un programa de asesoramento personalizado co obxectivo de aumentar o número de empresas españolas que incorporen o comercio electrónico nas súas operacións con clientes e provedores.
É preciso sinalar que as inscricións ás xornadas pódense realizar na web específica da iniciativa, vendeseninternet.es. As ditas xornadas, que se desenvolverán nos meses de febreiro e marzo, terán lugar nas cidades de: Madrid, Barcelona, Sevilla, Valladolid, Córdoba, Valencia e, tamén, Santiago de Compostela. Nos encontros en cuestión está previsto abranguer os diferentes aspectos a ter en conta durante a apertura dunha tenda online: modelo de negocio, plan de mercadotecnia, loxística, medios de pago, aspectos legais e plataformas de e-commerce.
Segunda edición de Vendes en internet?, unha aposta a prol do comercio electrónico
Compartir Este Artigo
