
Así, na primeira sesión Rocamora exporá como pór en marcha unha tenda dixital e emprazala nos principais buscadores. A segunda xornada estará encamiñada ao mundo das redes sociais como ferramenta de marketing, á reputación online, ás redes móbiles, á xeolocalización, etc.
Neste seminario -froito do traballo conxunto entre o CDTIC e a Rede CeMIT– haberá tamén lugar para novidades como a posibilidade de seguimento a través de videoconferencia. Dicir que se poderá seguir e interactuar cos relatores e participantes mediante o uso en Twitter do hashtag (ou etiqueta) #presenzanaweb ou mandando unha mensaxe a través do Facebook da iMit.
Cómpre sinalar que as aulas CeMIT que impartirán este seminarios serán dez: Betanzos, Fisterra, Oroso, Ortigueira, Sarria, Allariz, Celanova, A Cañiza, Marín e Pontevedra.
Por último informar que a asistencia a todas as actividades é de balde, condicionada aos aforos dos locais. Emporiso, para asistir ao seminario nas instalacións do Centro Demostrador TIC en Santiago de Compostela, haberá que inscribirse en liña a través da web do centro. No entanto, os que queiran asistir vía videoconferencia nas aulas CeMIT, a inscrición será a través da conta formacion-cemit@xunta.es.
Internet como arma de venda será a temática dun novo seminario no Centro Demostrador TIC
Compartir Este Artigo
