O pasado verán Microsoft presentou Outlook.com como unha renovación do clásico Hotmail, que podían adoptar voluntariamente os seus usuarios, e que supuña un grande avance na súa interface de usuario, así como a adopción dun nome de dominio máis prestixioso (a marca Outlook ten unha imaxe profesional, mentres que o correo de Hotmail ten sona de servizo obsoleto ou pasado de moda), migración que ata o momento é totalmente voluntaria é á que se sumaron 60 millóns de usuarios en 6 meses, o que serviu de campo de probas para unha actualización de Hotmail que Microsoft vai impor en breve.
Dende Outlook.com pretendíase achegar unha experiencia de uso máis sinxela e atractiva (na liña da interface moderna de Windows 8), adaptada aos modernos navegadores web e dispositivos, facilita o uso de SkyDrive para compartir ficheiros a través do e-mail e pretende que os usuarios teñan certo control sobre a súa privacidade.
Outlook.com tamén permite conectar con Facebook, Twitter e LinkedIn para manterse ao día da información de contacto, actualizacións, fotos e tuiteos dos seus amigos, de xeito que cando se está a ler unha mensaxe dun amigo, en vez de ver anuncios, amósanse as últimas actualizacións dos contactos en Facebook ou Twitter.

O proceso de transición de todas as contas de correo de Hotmail a Outlook.com comeza hoxe e espera rematarse para o verán, polo que como aconteceu noutros procesos de migración anteriores, recomendamos a actualización canto antes de xeito voluntario, para ir afacéndose a un cambio inevitable.
Hotmail mudarase definitivamente a Outlook.com no verán
Compartir Este Artigo
