O pasado venres a Tecnópole foi o escenario escollido para xuntar a máis de 150 empresarios de toda Galicia para asistir ao encontro 5 sentidos para innovar no que quedou patente que a innovación aberta é chave para que as empresas galegas poidan ser máis competitivas ante a conxuntura económica actual, elemento no que coincidiron todos os expertos que concorreron ao evento, que explicaron que esta fórmula estase a promover como unha solucións para gañar en competitividade, xa que permite compartir os custos da innovación entre as empresas, sen quitar que os resultados permítanlles competir entre elas.
Neste encontro enmarcado no programa 5 Sentidos para Innovar, o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, expuxo que o sentido fundamental para a innovación é o oído, utilizando a escoita activa cos clientes para saber o que necesitas, ao que engadiu que a súa Axencia apoiará a quen innove, produza e venda dende Galicia en todos os chanzos da cadea de valor, dende o emprendemento innovador ata a grande empresa.
Por outra banda, a analista senior de Google, Esperanza Ibáñez, explicou o programa de apoio a emprendedores que a súa compañía ten en marcha a través do Google Campus. Nesa liña o fundador de Econet, Sanyu Karani, sostivo que o emprendemento e a innovación van sempre da man, sendo a innovación de verdade a que parte da colaboración, para o que é preciso estar aberto ás ideas que veñen de fóra.
O responsable de persoas de R, Santiago Vázquez, tamén fixo a súa achega ao encontro, expondo que as persoas que máis comparten no traballo son as máis felices, defendendo que a creatividade xérase en ambientes de confianza.
Á marxe dos relatorios, puxéronse en marcha varias dinámicas novidosas asociadas ao proceso natural dos sentidos co obxectivo de favorecer o coñecemento mutuo entre as empresas participantes para poder identificar alianzas baseadas na innovación.
Expertos reunidos na Tecnópole coinciden na defensa da innovación aberta
Compartir Este Artigo
