Facer pan de xeito virtual xa é posible. A panadaría Pan 2.0 chega a todos os fogares vía Internet: encargos, receitas, ingredientes (fariñas de pan sen glute, ecolóxicas, etc) e todo o relacionado co pan a un clic… e coa garantía, sinalan os responsables desta iniciativa, “de seren produtos de primeira”. Dende Pan 2.0 ofértase un método estándar universal que permite elaborar calquera tipo de pan con sabores e texturas distintas, o modo de emprego dos preparados en cuestión é ben sinxelo: só se precisaría de auga e do forno de cadaquén para cocer a masa dende o fogar. Asemade, este site achega tamén a opción de cursos e obradoiros a medida para mellorar as técnicas en panadaría.
Unha das bazas coas que conta esta web é o propósito de chegar a todas as persoas, tendo unha especial sensibilidade con aqueles que seguen unha dieta sen glute posuíndo unha gran variedade de produtos libres de ovo, leite ou lactosa, entro outros alérxenos. En Hacerpanencasa.com atoparemos un apartado encamiñado aos profesionais, onde se atenderá aos colectivos do sector da hostalaría, panadaría e nutrición pondo ao seu servizo o departamento de I+D para cubrir as necesidades e inquedanzas particulares. Outro espazo dispoñible da páxina é o de Francesc Altarriba (gastrónomo especializado no pan), dende o cal se propón -segundo as súas propias verbas- “recuperar a cultura do pan mediante a posibilidade de degustar calquera cousa que nos achegue pracer, como o pan saudable e ben elaborado”.
Hacerpanencasa.com é o resultado do traballo do departamento de I+D desta empresa co fin de cubrir as necesidades detectadas na sociedade actual, coñecer que comemos e como o comemos.
Chega Hacerpanencasa.com, unha web con arrecendo a pan
Compartir Este Artigo
