Microsoft aterra o vindeiro 5 de marzo na Coruña coa iniciativa Microsoft na túa cidade, un seminario de balde que percorrerá 13 cidades españolas co obxectivo de detectar, en palabras da multinacional de Redmond, “as necesidades das PEME do Estado e as Comunidades e axudalas a aumentar as súas vendas, utilizando a tecnoloxía”. No transcurso da xornada, que terá lugar no Hotel Meliá María Pita da Coruña de 9:30 a 13:30 horas, a compañía responsable de Windows, xunto a HP, Intel e Techdata, GTI e Ingram Micro, amosarán ás empresas locais as metodoloxías de seu para, botando man dos recursos TIC propios, “facer máis con menos; incrementar os beneficios; e sacar o máximo partido das ferramentas das que dispoñen”.
Deste xeito, engade a compañía, os empresarios coruñeses participarán na creación de diferentes escenarios de venda, “para saber como crear unha proposta de valor baseada en solucións, realizando demostracións de novos produtos como o Novo Office, Windows 8 e Windows Server 2012, que dean un valor engadido á PEME e axúdelles a crear novas oportunidades de negocio”.
Asemade, abordaranse polo miúdo os “cinco hábitos máis demandados polas empresas”, en palabras da consultora Barrabés (da que temos falado en Código Cero para salientar os seus éxitos a partir de mínimos elementos… pero eficazmente dispostos): accesibilidade ao traballo desde calquera dispositivo e lugar; optimización do traballo en remoto; dixitalización dos procesos da empresa; maior aproveitamento da información dos clientes; e simplificación do día a día. Os profesionais interesados en participar nesta xeira de traballo poden inscribirse xa na web específica da xira.
Axenda
9:30-9:45 Rexistro
9:45-10:00 Introdución, presentación dos hábitos
10-11:15 5 Hábitos- mostrar o valor de negocio de cada hábito con escenarios de venda
11:15-12:15 Demostracións de produto baseados nos hábitos
12:15-12:45 HP proposta de valor
12:45-13:15 Estratexia e recursos Microsoft dispoñibles (campañas mercadotecnia, incentivos, soporte)
13:15-13:30 Preguntas e peche
Microsoft amosa na Coruña esta semana o seu repertorio de tecnoloxías para as empresas
Compartir Este Artigo
