O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, que conta con 220 voluntarios e 78 entidades colaboradoras, facilitou que a Parroquia de Los Rosales (A Coruña) solicitase, xunto a Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados UDP FETEGA, apoios dixitais para formar no uso das TIC aos maiores do seu ámbito de influencia, xurdindo 3 voluntarios (2 deles, prexubilados) que achega 3 horas á semana cada un para introducir aos maiores nos coñecementos de informática, navegación pola Internet, redes sociais e outras necesidades tecnolóxicas que vaian xurdindo.
Preto de 30 persoas demandan xa estas actividades formativas, que en boa medida están a emprenderse grazas a apoios como o da empresa Revertia, mecenas dixital do programa, que adapta ordenadores obsoletos para o seu uso posterior en entidades de acción social, que entregou 12 ordenadores á Parroquia (e outros 18 a outras entidades sen ánimo de lucro).
No contorno tamén están a desenvolverse outras iniciativas dixitais dirixidas aos maiores coa Universidade Senior da Coruña na Asociación Recreativa Os Tilos en Teo, na Parroquia de San Xoán Bautista de Carballo e no Centro Social Lagarteira da Coruña.
O voluntariado facilita a alfabetización dixital de preto de 30 maiores da Parroquia de Los Rosales
Compartir Este Artigo
