
O vicepresidente subliñou que a nosa “é a primeira Comunidade de España en apostar por unha iniciativa desta envergadura, unha lei que complementa á normativa estatal e coa que evitaremos que se dupliquen esforzos e investimentos nas administracións públicas galegas e conseguiremos unha maior coordinación entre os axentes públicos e privados”. A xuízo de Rueda, cómpre salientar que a lei obrigará aos operadores e as administracións públicas a remitir información sobre os plans de despregamento executados ou previstos. Este será o alicerce do primeiro Mapa de Infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, que, en palabras do vicepresidente, “evitará a superposición de iniciativas aos operadores privados e concellos e permitirá desenvolver o futuro Plan de ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, que establecerá os criterios a seguir nesta materia nas ordenanzas municipais”.
O vicepresidente fixo saber que este regulamento tamén se dirixe a fomentar o emprego compartido de equipamentos por parte dos operadores para evitar “a extensión desordenada destas e reducir o investimento necesario”. Ademais, encamíñase a asegurar que toda vivenda que se faga dispoña de estruturas precisas para tirar o máximo partido do concepto de Fogar Dixital, área de traballo que, como lembraremos, ten carácter interprofesional (implica promotores, arquitectos, construtores, instaladores, enxeñeiros de telecomunicación, técnicos municipais, etc) e favorece o afianzamento no noso domicilio de servizos relacionados co eido asistencial (teleasistencia, teleconsulta,…), coa seguridade, a eficiencia enerxética ou as comunicacións e o lecer.
A lei de despregamento das telecomunicacións diríxese a impulsar unha extensión global das redes na nosa terra
Compartir Este Artigo
