Este venres 15 de marzo celébrase unha xornada que nos toca de cheo, seareiros, informadores, produtores, investigadores ou destinatarios de tecnoloxías como somos, en maior ou menor medida compradores. Estamos a falar do Día Mundial dos Dereitos do Consumidores, unha xornada que en España vén da man (en boa medida) de ASGECO Confederación e que, unha vez máis, non deixa en bo moi lugar (dende o punto de vista da satisfacción xeral dos usuarios de redes) ao sector das telecomunicacións (telefonía móbil e Internet). Este eido, xunto con transportes, gas e electricidade, liderou as reclamacións achegadas á confederación estatal durante o ano pasado. En total, unido tódolos sectores, estamos a falar de case 120.000 reclamacións e consultas. Os ámbitos de transportes e redes abranguen case dous terzos do total.
E a cousa semella ir a máis no que telecomunicacións se refire. Os motivos, os de sempre: principalmente calotes disfrazados de xestión de promoción que fan que a xente se sinta enganada, ofertas e servizos que logo non se dan. Ou ben, chamadas telefónicas con gravación incluída que, polo baixo, formalizan contratados non desexados e mesmo descoñecidos para o consumidor. As malas maneiras proliferan nas operadoras, aínda que claro, hai excepcións. Porén, a tendencia é á alza. “Resulta de especial importancia”, engade a entidade de consumidores, “o lixeiro descenso das consultas e reclamacións recibidas no sector dos transportes, o 20,86%, un 3% menos có ano anterior, o aumento vertixinoso das reclamacións recibidas en telecomunicacións, cunha taxa do 36,79% e cun medre interanual do 15%, especialmente en telefonía móbil”. Lembrar que para resolver dúbidas e asesorar aos usuarios, ASGECO mantén en marcha na súa web a campaña Non clames, reclama, que achega ferramentas de información para pór en marcha unha queixa.
O Día do Consumidor pon de manifesto a suba importante de queixas relacionadas coas telecomunicacións
Compartir Este Artigo
