Isaac González falará na Radio Galega da súa achega ao xogo ApalabradosO programa Banda Ancha da Radio Galega, galardoado cun Premio INNOVA-G, continúa co seu labor de difusión da tecnoloxía en Galicia, polo que este sábado a partires das 15:00 horas realizará un repaso da actualidade da semana, grazas á colaboración de Código Cero, aproveitando a ocasión para conversar con Isaac González, CEO de Cilenis, que detallar a súa achega á galeguización do xogo multi-plataforma Apalabrados e explicará algún caso de aplicación da tecnoloxía lingüística na que está especializada a súa empresa. O sensor de movemento de Leap Motion probado nas oficinas de MovendoO programa que esta semana está conducido excepcionalmente por Sevi Martínez, contará coa presenza do humorista Isi, que compartirá coa audiencia a súa relación coa tecnoloxía, e completarase coa presenza de Juan Gestal, do blog PixFans.com e desenvolvedor de aplicacións móbiles en Movendo, que comentará detalles sobre o sistema de control por movementos de Leap Motion, dará algún detalles sobre o seu xogo para dispositivos móbiles Retromines e defenderá as vantaxes de vivir no pasado.