Norauto, a cadea especialista no mantemento e equipamento do automóbil, lanzou esta semana a súa tenda en liña. A iniciativa, informa o grupo, forma parte dunha liña estratéxica de innovación en tódalas súas áreas e dun proceso de adaptación aos novos hábitos de consumo dos seus clientes. A idea, din, é adiantarse “mesmo a Amazon”. Porén, o devandito proceso renovador non vai afectar, engaden, aos prezos dos seus produtos e servizos, que seguirán sendo “acordes co poder adquisitivo” da cidadanía, xa de abondo maltratada economicamente polo desemprego e a suba constante de carburantes e enerxías. Ou sexa, o mesmo que valía para a venda tradicional nos centros da cadea, vale agora tamén para a canle en liña.
Desde esta páxina web, entre outras moitas cousas, podemos consultar (e mercar) o catálogo dun dos produtos estrela de Norauto: os pneumáticos, achegados a través dunha gama de produtos ben cumprida. Ou, tamén, calquera das máis de 50.000 referencias relacionadas co equipamento e a electrónica do automóbil, así como a ampla listaxe de motos ou bicis eléctricas. Asemade, permítese reservar unha cita previa aforrando tempo de espera aos seus clientes. “Unha das vantaxes de norauto.es”, informan os responsables da cadea, “é a gran flexibilidade que se fornece nos modos de entrega, xa que o cliente pode recoller o seu pedido en calquera centro Norauto, recibilo na súa casa coa entrega a domicilio, ou recollelo en calquera punto de recollida dos máis de 1200 que dispón a rede punto pack en España”. En palabras do seu director de Mercadotecnia, Simón Valín: “Somos a primeira empresa do sector verdadeiramente multicanle, unha soa imaxe de marca, unha mesma garantía en todas as canles, os nosos clientes poderán comprar na web e recoller os produtos no centro, ou ao revés, mesmo llelos enviaremos a domicilio ou a un punto pack se así o desexan, a nosa teima é reducir os prezos e simplificar os procesos facilitando a compra aos nosos clientes”.
Norauto presenta tenda en liña con máis de 50.000 referencias
Compartir Este Artigo
