Integrantes do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia reuníronse esta semana cos estudantes universitarios para amosar, en todo detalle, as súas funcións, obxectivos e traballos principais como representantes da devandita profesión da nosa terra, unha das que máis firmemente sostén o desenvolvemento TIC galego. A cita foi no marco do quinto Foro de Presentación de Empresas para Enxeñaría Informática (FEI´2013), organizado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela. A participación do CPETIG no FEI 2013 materializouse a través dun stand de seu no que se informou aos asistentes sobre as funcións do colexio.
O punto de información do CPETIG no FEI”2013 tivo como obxectivo dar a coñecer o labor do colectivo profesional aos futuros novos titulados e informalos sobre as diferentes vantaxes que pon en xogo entrar a formar parte do colexio, tanto para completar a súa formación, como á hora de buscar un emprego.
O FEI”2013 desenvolveuse en horario de mañá e de tarde no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría e a finalidade principal do mesmo foi favorecer o coñecemento mutuo entre as empresas participantes no programa de prácticas da ETSE, por unha banda, e os estudantes, candidatos a realizar as prácticas, así como os estudantes de último curso interesados na inserción laboral, pola outra. Outro dos obxectivos foi o de detectar intereses mutuos na realización de traballos fin de grao nas empresas colaboradoras.
O CPETIG informou aos futuros titulados galegos sobre as súas funcións e obxectivos
Compartir Este Artigo
