Google anunciou o lanzamento do seu buscador Flight Search para Reino Unido, Francia, Italia, Países Baixos e España, o que facilita a busca de voos tanto estatais como internacionais, xunto co seu prezo, facilitando a busca, comparación e reserva de cara ás nosas viaxes, destacando o servizo por chegar en 8 idiomas entre os que non faltan o español, o éuscaro, o catalán e o galego.
Flight Search permite atopar voos de xeito rápido, reflectindo os resultados cada vez que mudamos unha das condicións de busca (datas, destinos, filtros…), deixa explorar lugares aos que ir a través dun mapa (onde figurarán destinos que se axusten ás condicións que marquemos), fai doado atopar as mellores datas para realizar as nosas viaxes ao mellor prezo posible e preséntase dun xeito moi doado de comprender, aínda que por desgraza non ofrece os resultados de todas as aeroliñas, con ausencias tan sonadas como Lufthansa, Ryanair e Easyjet, o que fai que esta ferramenta perda boa parte da súa utilidade, o que resulta especialmente grave se temos en conta que este servizo chega a Europa 18 meses máis tarde que aos EE.UU., tempo no que poderían ter superado os atrancos que permitan que Google poida competir con outros comparadores de voos existentes.
Google estrea en España o seu buscador de voos
Compartir Este Artigo
