
Cómpre dicir que a cita en Santiago é unha xornada formativa, gratuíta e dirixida ás empresas do sector téxtil e de calzado que queiran iniciarse na venda por Internet. Emporiso, no obradoiro en cuestión (de oito horas de duración), está previsto abranguer os diferentes aspectos a ter en conta para o establecemento dunha tenda online: modelo de negocio, plan de mercadotecnia, loxística, medios de pagamento, aspectos legais e plataformas de e-commerce.
Para asistir a este programa é preciso inscribirse a través do formulario online da web Vendes en Internet?, páxina na que tamén se atopará información relativa aos obradoiros, contidos formativos sobre distintas temáticas do comercio electrónico, un catálogo de provedores e produtos tecnolóxicos, información sobre o sector, estudos e casos de éxito.
Aqueles que non poidan asistir de xeito presencial poderán seguir a xornada formativa de maneira simultánea por videoconferencia desde as aulas dos Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) da Coruña, Pontedeume, Padrón, Ortigueira, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Celanova.
Engadir que os autónomos e PEME que asistan a esta sesión formativa poderán optar (sen custo algún), a un servizo de asesoramento personalizado de 40 horas de duración por empresa (presencial e telemático), que se desenvolverá para un total de 100 empresas, de cara ao lanzamento e potenciación da súa tenda virtual. Amais disto, a través da web do programa ou enviando un correo electrónico a asesoramiento@vendeseninternet.es, calquera empresa poderá acceder ao servizo de asesoramento online, independentemente do sector ao que pertenza.
Chega este xoves a Santiago a segunda edición de Vendes en internet?
Compartir Este Artigo
