
A ferramenta resultante, dirixida como dixemos a potenciar a comprensión e atención visual e auditiva, executaríase en computador persoal, iPad e tablets con sistema operativo Android. Conta con seis fases de contidos básicos (atención, vídeos, fotografías, debuxos-siluetas, pictogramas e xogos) e máis ferramentas de autor para personalizar contidos, tempos, cores, etc.
Durante deste mes de marzo, un grupo de profesionais de ASPRONAGA está a achegar a súa experiencia para que a investigación comece a dar os seus primeiros froitos concretos. Tras unha sesión formativa impartida por técnicos da Universidade de Granada (celebrada o pasado día 12 en Ciberalia), os profesionais probarán durante varios meses a utilidade do programa con varias persoas con diversidade intelectual que se adapten ao perfil. En concreto, trátase de vinte traballadores da CEE Ntro. Sra. de Lourdes, o Centro Ocupacional Lamastelle e o Centro Ricardo Baró. O obxectivo do estudo é obter unha versión mellorada do software para, unha vez acadada a definitiva, divulgalo de maneira gratuíta a través da web da Fundación Orange.
A asociación galega ASPRONAGA achega a súa experiencia nunha nova aplicación de estimulación visual
Compartir Este Artigo
