
O equipo de Ficción está a traballar mediante bosquexos baseados nos escenarios descritos na triloxía, modelados 3D, a adaptación do texto para o guión dos filmes e outros materiais que arestora se están a desenvolver. Deste xeito, Dragal únese a outros proxectos con vocación internacional da produtora galega, como o proxecto transmedia Tutu e a longametraxe Schimbare, que serán presentados os vindeiros días en varios festivais audiovisuais na Arxentina e Alemaña.
Pola súa banda Elena Gallego deu xa o primeiro paso para exportar as novelas fóra das fronteiras da nosa comunidade coa súa tradución ao castelán.
Engadir a xeito de curiosidade que a presentación oficial de Dragal acontecía onte, 20 de marzo, coincidindo a mantenta co equinoccio de primavera, intre de grande importancia dentro da saga tanto na ficción coma na realidade. Pois ese mesmo día, pero hai catro anos, era inscrito no rexistro da propiedade intelectual o primeiro libro de Dragal… E as coincidencias non rematan aí, pois tamén Ficción botaba a andar como empresa un 20 de marzo, pero de hai 10 anos.
A saga galega de Dragal converterase en videoxogo, cómic e filme da man de Ficción Producións
Compartir Este Artigo

