Este sábado, para quen estea concienciado co futuro do mundo (que debéramos ser todas e todos, en definitiva), toca (sempre que se poida) apagar os computadores e adiar a carga dos nosos aparellos para máis adiante. De feito, entre as 20.30 e as 21.30 celébrase a nivel mundial A Hora del Planeta, unha actividade colectiva promovida pola organización WWF Adena e que se dirixe, como lembraremos, a realizarmos un apagado multitudinario de luces para pedir, simbolicamente, un futuro mellor para o noso medio ambiente e, non nos enganemos, para nós mesmos. En España as principais operadoras xa están a pechar fileiras arredor desta actividade.
Yoigo convida aos seus clientes, empregados e provedores a apagar as luces a partir das 20.30 horas e anuncia que fará o propio cos seus letreiros luminosos, computadores e aparellos nas súas oficinas e tendas. Vodafone, pola súa parte, colabora enviando unha mensaxe a un millón de clientes, Telefónica tamén participará (por quinto ano consecutivo) interrompendo o subministro eléctrico das súas instalacións, cousa que tamén fará Orange (empresa colaboradora directa na iniciativa, xunto con Yoigo), comprometéndose a un labor informativo entre clientes e a medidas futuras para reducir o impacto de CO2.
As operadoras súmanse ao apagamento xeral deste sábado a prol do futuro da planeta
Compartir Este Artigo
