Oracle presentou nesta recta final de marzo os seus novos servidores Sparc, que, en palabras da multinacional acubillan o procesador máis rápido do mundo. Asemade, engade a compañía, amosan a gran vantaxe de redefinir os custes da computación empresarial (redefinilos á baixa, claro). Isto faise a través da achega dun rendemento extremo pasas as bases de datos e as aplicacións corporativas, engadíndose un comportamento axeitado para tódalas situacións, mesmo “para as máis críticas”. Os novos servidores, Sparc T5 e M5, semella que veñen con agoiros positivos. Segundo conta Oracle, foron quen xa de fixar 17 récords mundiais.
Entre outras cousas, permiten unha flexibilidade a novas contornas e adaptacións (escalabilidade) case lineal de 1 a 32 conexións, cun núcleo común, un sistema operativo e un conxunto compartido de ferramentas de xestión e virtualización de sistemas. Isto converte aos servidores nas plataformas ideais para “construír nubes”. Segundo explicou John Fowler, vicepresidente executivo de Sistemas en Oracle, “a compañía anovou a súa familia Sparc co procesador máis rápido do mundo e lanzou o servidor único máis áxil para base de datos, Java e aplicacións multi-tier; los novos sistemas superan á competencia cun rendemento ata 10 veces superior respecto á xeración previa, ofrecendo un valor invencible para a computación empresarial de nivel medio e alto”. Para quen non estea familiarizado coa tecnoloxía de Oracle, dicir que a compañía conta con sede galega de seu (cuxas portas abriron oficialmente en 2009) e que cada moi pouco tempo realiza actividades formativas e de introdución aos seus recursos, como os obradoiros que acubilla cada pouco o CNTG (xestión en liña de identidades, formación tecnolóxica xeral).
Oracle dá a coñecer os seus novos e ultrarrápidos servidores Sparc
Compartir Este Artigo
