
Volvendo ás tarefas de auditaxe previstas polo colexio, dicir que para o seu desenvolvemento darase corpo a un grupo específico de traballo constituído “por enxeñeiros de telecomunicación de diferentes perfís que comprobarán in situ, en núcleos das catro provincias beneficiados polas actuacións do plan, que os operadores cumpren o caudal esixido nas convocatorias de axudas das que resultaron beneficiarios”, informou Bermúdez de Castro. Este traballo de supervisión aplicarase tanto ao despregue de redes fixas como de redes sen fíos. A auditoría do COETG non será unha actividade illada. De feito, segundo fixeron saber, complementa o seguimento que está a realizar a Xunta, a través da AMTEGA, das actuacións dos operadores, tanto no referido ao despregamento de infraestruturas, como ao investimento comprometido para garantir o cumprimento de todas as obrigas establecidas no Plan.
Por certo que o acordo asinado ese venres inclúe tamén a celebración dunha xornada divulgativa para técnicos municipais dos 315 concellos galegos operadores e axentes do sector sobre o novo escenario lexislativo do eido das telecomunicacións e boas prácticas nos despregamentos. O programa desta xornada técnica abordará as medidas máis relevantes da Lei de impulso e ordenación de infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, que, como lembraremos, asegurar que os despregamentos das infraestruturas de telecomunicación se van a levar a cabo de xeito ordenado e eficiente e que establece os criterios a seguir nesta materia nas ordenanzas municipais.
O COETG supervisará o servizo que fornecen os operadores colaboradores no Plan de Banda Larga
Compartir Este Artigo
