A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) presentou esta mañá da man da súa directora, Mar Pereira, o informe Balance 2009-2012 da Axenda Dixital, documento no que recóllese que a Xunta mobilizou un investimento de 893 millóns de euros durante 2009 e 2012 para o desenvolvemento das liñas de acción establecidas na Axenda Dixital 2014.gal, incluíndo en tal orzamento capital público e privado que permitiu avanzar na extensión de infraestruturas de telecomunicación en Galicia e nos plans de modernización da Administración e da Xustiza, así como na integración das TIC na educación, no ámbito sanitario e do benestar e no impulso do sector da economía do coñecemento.
Pereira indicou que 3 anos despois da posta en marcha do Plan de Banda Larga dotouse de cobertura a máis de 655.00 habitantes dos 786.000 que carecían do servizo en 2009, ou sexa, o 83% da poboación sen servizo. As actuacións do Plan conseguiron así reducir dun 20% ao 3% a fenda dixital entre a Galicia rural e urbana e incluso contribuíron a que máis de 1,1 millóns de galegos teñan acceso a redes de nova xeración (con velocidades de 100 Mbps). Tamén salientou o inicio do trámite parlamentario da Lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicación que busca regular o impulso e a ordenación das infraestruturas de telecomunicación na Comunidade.
Outro dos eixos de actuación da Axenda Dixital é a inclusión das TIC en todos os ámbitos dos servizos públicos para conseguir unha mellor prestación para os cidadáns e unha administración eficiente, para o que creouse en 2012 a Axencia para a Modernización Tecnolóxica que xa integra baixo unha única dirección a 282 tecnólogos e os recursos orzamentarios de área tecnolóxica de seis consellerías. A súa posta en marcha está a evitar duplicidades administrativas ao suprimir 15 departamentos administrativos conseguindo un aforro anual de 20 millóns de euros.
Unha estratexia única para Galicia que vai acompañada da posta en marcha tamén en 2012 Centro de Proceso de Datos Integral, que consolidará nunha única infraestrutura tecnolóxica todos os CPD existentes, ofrecendo un servizo centralizado a toda a administración galega e aforrando custos por valor de 3 millóns de euros.
Dentro das liñas impulsadas pola AMTEGA para conseguir unha Administración máis eficiente, a directora do organismo destacou que o emprego do software libre en proxectos de calado como Abalar, a rede CeMIT e outros do ámbito da Administración permitiu un aforro de 2,5 millóns de euros no período 2010-2011.
O Plan de Modernización da Administración autonómica está a avanzar para conseguir unha administración máis transparente e aberta aos cidadáns as 24 horas do día os 365 días do ano. Neste sentido, a sede electrónica da Xunta permite xa aos galegos presentar telematicamente máis de 500 procedementos, máis do 30% dos dispoñibles e o 95% dos de nova creación. Antes do inicio do Plan só se podían xestionar electronicamente o 4% dos procedementos.
Durante 2010 e 2011 a Xunta desenvolveu distintos programas de axudas para impulsar o sector da economía do coñecemento nos que, se mobilizaron máis de 280 millóns de euros, dos que 133 corresponden a capital privado, cos que se subvencionaron máis de 1.600 proxectos de carácter tecnolóxico na Comunidade.
Ademais en 2011 aprobouse a convocatoria do programa FEDER-Innterconecta para fomentar o desenvolvemento de grandes proxectos de I+D+i no eido tecnolóxico, está a mobilizar un capital de 60 millóns de euros, e as iniciativas Hospital 2050 e InnovaSaúde con 90 millóns de euros, que permitirán deseñar o hospital do futuro.
Ademais, creouse o portal do emprendedor, aprobouse o Plan 100 TIC para fomentar a internacionalización e está a elaborarse o Plan TransformaTIC para potenciar e reforzar o sector TIC.
En xullo de 2011 púxose en marcha o Centro Demostrador TIC, un punto de encontro entre a oferta do sector tecnolóxico de Galicia e demanda TIC do tecido empresarial galego, no que xa se presentaron 56 solucións tecnolóxicas e máis de 870 profesionais participaron nas súas actividades. O Centro puxo en marcha na rede o mapa de capacidades tecnolóxicas, MapaTIC.gal con de 178 provedores e máis 400 produtos e servizos TIC galegos.
A Axenda Dixital 2014.gal encamiñou 893 millóns de euros dende 2009
Compartir Este Artigo
