
O CPETIG, sen ir máis lonxe, púxonos ao tanto esta mesma mañá da súa posición ao respecto, adheríndose oficialmente a un comunicado específico sobre o trato ás Enxeñerías en Informática ante o o Proxecto de Lei de Servizos Profesionais. En definitiva, o colexio galego súmase á postura feita pública pola Comunidade Profesional, Académica e Educativa, que alerta de que a devandita consideración que incluiría o Proxecto de Lei de Servizos Profesionais suporía un agravio inaceptable respecto ao resto de profesións de enxeñaría e de graves consecuencias.
O comunicado ven asinado polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática (CONCITI), o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría en Informática (CCII), a Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñaría Informática (CODDII) e a Reunión de Estudantes de Enxeñarías Técnicos e Superiores en Informática (RITSI).
O CPETIG e o CPEIG rexeitan o trato ás enxeñarías en Informática amosado no Proxecto de Lei de Servizos Profesionais
Compartir Este Artigo

