A plataforma de vídeo en liña Netflix está a ter certo éxito coa súa serie de televisión orixinal House of Cards, que está a contribuír a fidelizar aos seus clientes (nos países onde Netflix non está dispoñible pode verse a través de canles tradicionais) o que levoulles a preparar unha nova serie, Sense8, na que colaborarán os irmáns Wachowski e J. M. Straczynski. Pero estes movementos pode converterse en tendencia, e xurdiron rumores de que MSN está en conversas coa NBC para recuperar a serie Heroes, con novas historias e personaxes (aínda que con cameos da serie orixinal) de xeito que poderiamos estar ante unha serie exclusiva para Xbox.
Heroes rematou en febreiro de 2010, tras catro tempadas de éxito, tras converterse en todo un fenómeno no que a descargas a través da Internet se refire, e que tamén puidemos ver en Galicia a través da TVG. Varios dos seus actores son agora auténticas celebridades, estando actualmente involucrados en películas de cine e outras series de televisión, o que faría imposible recuperar a serie nunha quinta tempada ao uso, pero aproveitar o universo creado na mesma para ambientar novas historias podería atraer á audiencia que gustou inicialmente da serie, polo que a súa volta podería encaixar na actual estratexia audiovisual de Xbox.
A serie de televisión Heroes podería volver a través da Xbox
Compartir Este Artigo
