Como saberemos, o Día das Letras Galegas deste ano estará dedicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, un dos grandes representantes do noso teatro profesional e probablemente o seu principal renovador no último treito do século XX. Estes días, a nosa Rede de información sobre a súa vida e o seu legado que nós, dende Código Cero, procuraremos ir reflectindo. Hoxe é a quenda da sección aberta polo blog educativo Lingua de Buxo, unha escolma de recursos informativos sobre Vidal Bolaño de especial interese para o ámbito docente en calquera das súas manifestacións.
A idea é contribuír a que saibamos algo máis sobre o homenaxeado ao tempo que se achega un importante compoñente de innovación educativa en aberto. De feito, unha boa parte do escolmado ten natureza interactiva. A sección ábrese cunha introdución á figura do autor (un dos grandes promotores do noso teatro profesional, gran defensor da lingua galega e impulsor de novos modelos de expresión ata a súa chegada apenas tratados) e artéllase logo en tres apartados: a compilación de recursos propiamente dita, un apartado biográfico (con vídeos feitos pola comunidade educativa galega e accesos a todo tipo de webs dos centros con informes especiais sobre o Día das Letras e Vidal Bolaño) e un acubillo de recursos interactivos (incluíndo cousas coma o webquest elaborado polo CEIP Nosa Señora de Xuvencos ou o programa de actividades para todos os ciclos de Infantil e Primeira do Seminario Galán, entre outros recursos).
Lingua de Buxo achéganos unha escolma de recursos interactivos sobre Vidal Bolaño
Compartir Este Artigo
