
A Rede CeMIT, cuxa inclusión vén da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), participa na categoría de Educación destes galardóns. Lembrar que este tecido de aulas púxose en marcha en 2011 e conta con 98 espazos de formación e conexión presentes en 94 concellos galegos. Con máis de 21.000 usuarios rexistrados a Rede impartiu en 2012 máis de 38.000 de formación gratuíta a cidadáns e empresas.
Iniciativas da plataforma Diadeinternet.org
Dende o ano 2005, o 17 de maio ten lugar o Dia Mundial de Internet, acrónimo acuñado para facer referencia ao Día mundial da Sociedade da Información e das Telecomunicacións. Esta efeméride, promovida en España pola Asociación de Usuarios de Internet (AUI), busca difundir e promover o bo uso das novas tecnoloxías na sociedade con especial atención aos colectivos que menos empregan a Rede. Con motivo deste celebración, a plataforma realiza distintas iniciativas, contando para elas coa participación de distintos organismos e institucións e a propia cidadanía. Por exemplo, da propia Rede CeMIT, que ten colaborado difundindo dúas das súas iniciativas: o Certame en liña Cóntanos como ves Internet, dirixido aos alumnos de primaria dos colexios e o Concurso de Fotografía Móbil A tecnoloxía na miña vida cotiá.
Cursos para celebrar o Día de Internet en 22 aulas
De xeito paralelo a todas estas actividades, a Rede CeMIT organiza en 22 das súas aulas dous cursos relacionados con Internet, que se van desenvolver antes do 17 de maio. Entre os días días 9 e 10 des temes celebrarse o curso Opera co teu banco a través da internet e os días 14, 15 e 16 deste mes desenvólvese a actividade formativa Organización de viaxes. A aulas que participan son as seguintes:
-Na provincia de A Coruña: Ames, As Pontes, A Coruña (Eiris), Ares, Cerceda, Fisterra, Ortigueira.
-Na provincia de Lugo: Barreiros, Burela, Carballedo, Ribadeo, Sarria.
-Na provincia de Ourense: Carballiño, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Celanova, Xunqueira de Ambía.
-Na provincia de Pontevedra: A Estrada, Ponteareas, Pontevedra, Tomiño, Valga.
A Rede CeMIT, candidata aos galardóns do Día de Internet
Compartir Este Artigo
