Xa hai gañadora do certame Operación Cliente de Ouro convocado por Media Markt. E dáse a circunstancia de que a gañadora é galega. Trátase da viguesa Ángeles Díaz, que en virtude de ter sido elixida pola compañía xermana como clienta de ouro, disporá dunha oportunidade a medida deste título: poderá levar todo o que poida da superficie comercial que Media Markt ten en Rivas (Madrid), a máis grande das que achega en España, tendo para isto dous minutos de marxe. A cita será este 9 de maio, ás 21.45. A tentativa, informa a compañía, será retransmitida en directo por El Hormiguero, en Antena 3.
A campaña Operación Cliente de Ouro, que logrou máis de 51.000 rexistros para aspirar a gañar este premio, culmina deste xeito a súa segunda edición, sendo a previsión da compañía que a gañadora poida levar produtos por valor de entre 20.000 e 30.000 euros. Nesta edición cómpre salientar que os clientes en liña de mediamarkt.es foron os que máis tickets rexistraron para poder ser candidatos.
Unha clienta viguesa do Media Markt, gañadora da Operación Cliente de Ouro
Compartir Este Artigo
