
A peche de marzo, achégase no informe, os ingresos da operadora suman 14.141 millóns de euros (a metade dos cales xerados en Latinoamérica, con Brasil como principal dos seus mercados), o OIBDA acada 4.567 millóns de euros e o resultado operativo sitúase en 2.066 millóns de euros. No estudo tamén se fai fincapé no esforzo despregado, entre xaneiro e marzo, a prol de avanzar na creación de solucións que se traduciran en novos negocios para a compañía. Falamos das iniciativas arredor dos terminais Firefox OS, que sairán á venda no terceiro trimestre de ano, o lanzamento dunha plataforma integral M2M ou os avances en servizos integrais de eHealth en Brasil, entre outros proxectos. Asemade, amosou unha traxectoria positiva a oferta converxente Movistar Fusión, que se afianza, en palabras de Telefónica, “como a principal panca comercial en España, mantendo un forte ritmo de captación de clientes no trimestre, un 47% dos cales incorpora novos servizos, e a finais de marzo xa suma 1,7 millóns de clientes”.
En termos operativos, o Grupo Telefónica contaba a finais de marzo cunha base de clientes de case 316 millóns de accesos (+2%), dos que máis do 78% son usuarios de telefonía móbil. Os accesos móbiles de contrato do grupo, informa, aceleraron o seu crecemento ata o +8% no trimestre e chegaron a acadar aumentos interanuais do +13% en Latinoamérica. Os smartphones alcanzan xa unha penetración do 20% sobre a base de accesos móbiles (+6 puntos porcentuais interanual). Asemade, Telefónica fixo saber que investiu 1.941 millóns de euros no primeiro trimestre do ano, incluída a adquisición de espectro en Reino Unido e Uruguai. O 82% do investimento total destinouse a áreas de crecemento, en concreto redes 3G, 4G e fibra.
Telefónica obtivo no primeiro trimestre un beneficio neto de 902 millóns de euros
Compartir Este Artigo
