Tras o Consello da Xunta celebrado esta mañá o presidente Alberto Núñez Feijoo avanzou que o Goberno galego porá en marcha, por primeira vez, unha liña de axudas destinadas a financiar contratos-programa estables nos centros tecnolóxicos e de investigación galegos, realizando o Executivo galego un investimento de 4,5 millóns de euros anuais para lograr a atracción e retención de talento e para os equipamentos e subcontratacións dos ditos centros.

Núñez Feijoo aproveitou a ocasión para destacar que a Xunta inxectará 10 millóns de euros para promover a internacionalización das empresas galegas a través dos programas Foexga e re-Export.
Destinan 4,5 millóns de euros aos centros tecnolóxicos e de investigación galegos
Compartir Este Artigo
