
O gran obxectivo da xornada, amais de festexar o Día das Telecomunicacións, é explicar as claves da correcta accesibilidade nas futuras Cidades Intelixentes (Smart Cities), un concepto de novos espazos urbanos conectados, dixitalizados, que abranguen e aglutinan mellores servizos de telecomunicacións, mellores servizos de eAdministracións (menos gasto e máis accesibilidade) e, tamén, a optimización dos servizos municipais máis demandados, como por exemplo mobilidade, tráfico ou atención sanitaria.
Por certo que na xornada do luns tamén confirmou a súa participación Juan Luis Quincoces (director xeral da Fundación Centro Nacional de Tecnoloxía da Accesibilidade), quen falará, arredor das 12.30 horas, dos recursos que se precisan para ter á nosa disposición unha cidade intelixente accesible. Tamén falarán Felicitas Rodríguez (responsable do programa de Voluntariado Dixital da Xunta) e Pablo Bermúdez (director xeral de SCIO Innovation Technologies).
INEO, COETG e CENTAC celebran este luns o Día das Telecomunicacións cunha xornada sobre Cidades Intelixentes
Compartir Este Artigo
