O acceso a financiamento de empresas e proxectos emprendedores relacionados coa Rede será un proceso máis doado a partir de agora, pois a rede universitaria iberoamericana RedEmprendia (presidida polo profesor da USC Senén Barro Ameneiro) vén de asinar un convenio marco con ENISA (Empresa Nacional de Innovación SA) de cara a favorecer a realidade destas achegas. Así, con esta unión quérese acadar un meirande uso do préstamo participativo de ENISA (empresa pública do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo), dito doutro xeito: un instrumento de financiamento a medio camiño entre o préstamo tradicional e o capital risco, entre as empresas científico-investigadoras xurdidas do ámbito universitario. Para levar adiante este proxecto, RedEmprendia recibirá e analizará os proxectos obxecto dun posible financiamento, e facilitará a ENISA información sobre os mesmos, para permitir unha rápida valoración dos mesmos e a conseguinte axilización do proceso e redución dos prazos de concesión dos seus préstamos. En verbas de Senén Barro: “O financiamento é un dos principais factores que limitan a posta en marcha dunha empresa fortemente innovadora. Máis aínda en momentos de crise económica como os que vivimos. Necesítase financiamento privado, sen dúbida, pero tamén son necesarios os programas públicos como os de ENISA“. Por último, engadir que grazas a esta coalición se constituirá tamén un grupo de traballo conxunto que formulará propostas de colaboración para o espallamento e desenvolvemento de novas fontes de axuda adaptadas á realidade das pequenas e medianas empresas. Amais dito, apoiarase a detección das necesidades financeiras das PEME e a organización de encontros para liberar de atrancos o acceso ao financiamento das spin-off universitarias.
RedEmprendia e ENISA asinan un pacto a prol dos emprendedores da Rede
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- Unha de cada catro empresas galegas con dez ou máis persoas empregadas utiliza intelixencia artificial
- O VI Encontro CIBER.gal, que se celebrará do 4 ao 6 de novembro na Cidade da Cultura, abriu o prazo de inscrición
- A Xunta destaca o papel das telecomunicacións como ferramenta para garantir a seguridade das persoas e do territorio
- A Xunta pon en marcha a décimo quinta edición de Tecnólog@ por un día para achegar as profesións dixitais ao alumnado galego
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter