
O filme, en palabras dos seus produtores, é “unha reflexión do autor sobre o trasfondo musical dun tempo vivido, marcado polo final da ditadura, pola chamada ás portas da democracia, a posta en escena dos nacionalismos, etc; un período no que a sonoridade do país virou dos cantautores á música folk”. Por el pasan artistas e agrupacións tan senlleiras como Rodrigo Romaní, Pilocha, Antón Seoane, Faíscas do Xiabre, Laura Quintillán, Xose A. Méndez, Miro Casabella, Quintas Canella, Bibiano, Carlos Villanueva, Xabier Garrote, Nonito Pereira, Quico de Cariño, Xosé González Martínez Pepiño de Redondela, Perfecto Conde Muruais, Quico Paz Antón, Xerardo Rodríguez, Vicente Araguas, Carlos Meixome, Xurxo Lobato, Antón Corral, etc. Os clientes da televisión de R poden acceder ao documental e aos devanditos concertos gravados por Casa de Tolos través do servizo de subscricións (0,90 €/mes+IVE) do vídeo baixo demanda da compañía. A canle de subscricións Tolemias recompila ademais as actuacións que Casa de Tolos vén gravando por toda a nosa xeografía e que pretende seguir completando para conformar “unha canle variada, ampla e para todos os públicos na que se integren diferentes estilos musicais”. A día de hoxe xa inclúe máis de 75 concertos gravados na nosa terra e co denominador común do directo. O obxectivo principal é levar “a forza dese directo, demandado por audiencias de todas as idades”, aos fogares dos clientes de televisión dixital de R (que xa son máis de 100.000), respectando en todo intre o senso da música en vivo, informa Casa de Tolos.
O documental De Voces Ceibes a Milladoiro, dispoñible na televisión dixital de R
Compartir Este Artigo
