
Os traballos de Vodafone, neste senso, procuraron non deixar un só recanto de Balaídos sen cubrir, achegándolles aos seareiros “a posibilidade real de transmitir as súas impresións a través das redes sociais sen atrancos de cobertura”. Este despregamento estivo xa operativo nos últimos encontros do Celta de Vigo con Real Zaragoza, Athletic Club de Bilbao e Club Atletico de Madrid. Segundo informa Vodafone, o deseño instalado está preparado non só para soportar as tecnoloxías móbiles actuais, senón que permitirá axustar as futuras evolucións que planea implantar en breve, como UMTS na banda de 900MHz para mellorar a cobertura en interiores ou LTE. Para a compañía, esta mellora tecnolóxica no estadio vigués constitúe un novo chanzo da súa aposta pola calidade na rede móbil de seu, aínda en recintos con gran afluencia de público, onde o aumento de penetración de smartphones demanda maiores capacidades das redes de comunicacións de máxima velocidade de voz e datos en mobilidade.
Esta iniciativa súmase ao recentemente ampliado acordo de colaboración entre o Real Club Celta de Vigo e Vodafone España que inclúe unha nova promoción de agasallos para socios e afeccionados do club galego, que poderán obter camisetas oficiais do equipo, pósteres asinados por xogadores e terminais Samsung na bancada Vodafone do estadio e nas tendas oficiais de Vodafone en Pontevedra. “Con estas iniciativas”, sinala Vodafone, “a compañía amosa unha vez máis o seu compromiso con Galicia e con Vigo en particular, unha cidade importante para a compañía, xa que Vodafone é o primeiro operador na provincia de Pontevedra e ofrece cobertura de voz para o 99,9% da poboación”.
Os traballos na Coruña
Polo que se refire aos despregamentos levados a cabo en Riazor, dicir que a operadora completaou “con éxito” o seu novo deseño de cobertura de rede móbil no devandito estadio. Este deseño permite á compañía ser “a primeira en cubrir o coliseo do Real Club Deportivo da Coruña, garantindo a mellor experiencia móbil tanto nas bancadas como no resto de instalacións do recinto e nos arredores do estadio”. A idea da operadora é posibilitar, con estes traballos, que tódolos asistentes aos partidos do equipo coruñés gocen da mellor cobertura posible, con independencia de onde se atopen e superando os atrancos do incremento de demanda de datos en mobilidade e concentración de trebellos móbiles. Segundo engade Vodafone, “os milleiros de seareiros que acoden a Riazor poden transmitir a través das redes sociais as súas impresións sen dificultades, xa que o recinto dispón dun novo deseño de cobertura de rede móbil desenvolvido por Vodafone España”. O despregamento en cuestión estivo xa totalmente operativo para os últimos encontros disputados neste estadio. O deseño instalado pola operadora está preparado non só para soportar as tecnoloxías móbiles actuais, senón que permitirá axustar as futuras evolucións que planea implantar en breve, como UMTS na banda de 900MHz para mellorar a cobertura en interiores ou LTE.
Vodafone optimiza o servizo de Internet móbil en Riazor e Balaídos
Compartir Este Artigo
