
Tras a apertura forma do encontro, Adrián Rodríguez, un dos responsables do blog Mola Viajar, explicou a súa experiencia na Rede que o levou a dar a volta ao mundo narrando a viaxe a través da Internet, e que tamén o levou a gañar na pasada edición de MexilOnseTuits o premio ao mellor blog turístico. Rodríguez centrou a súa intervención nas posibilidades da web para dar abrir portas e dar pé a oportunidades, que no seu caso están enfocadas principalmente ao seu lecer, pero que tamén ten repercusións na súa face profesional, dándolle ás persoas que publican na Rede unha maior visibilidade de cara á súa futura repercusión e para consolidar a súa marca persoal.
A esta intervención práctica seguiulle un relatorio do profesor universitario de Ciencias Sociais e da Comunicación, e tamén blogueiro, Daniel Martí, que quixo expor o traslado que están a ter os mecanismos da comunicación ás redes sociais, dando conta de distintos fenómenos dos que estamos a ser testemuñas e actores nos últimos tempos.
Premios MexilOnseTuits 2013



Vídeo musical de Rías Baixas Style
Os
mellores blogs do ano
mellores blogs do ano
Os cadernos de Internet recibían logo os seus premios en cinco categorías
distintas, comezándose a súa entrega con Vigo
Low Cost como mellor blog Informativo/Cultural, superando a outros
proxectos interesantes como a orixinal proposta de Enxebre Markets e o blog de Briefing Galego.
Máis clara estaba a vitoria na categoría de mellor blog tecnolóxico, que foi
para a Mallando no Android, espazo
integrado na rede de blogs Vencello, que
é dos blogues en galego sobre tecnoloxía, que destaca por especializarse no
mundo de Android para facerse un oco na web galega, e conseguindo así cubrir
unha demanda de información na nosa lingua, como recoñeceron ao recibir a o
trofeo que destaca o seu labor.
A categoría de mellor blog turístico estaba moito máis rifada, pois contaba con
proxecto moi completos como Equipaxe de
Man e Chaveas, indo finalmente a
parar a Vivir Galicia, blog
que na anterior edición fora un dos finalistas.
As dúas últimas entregas de premios da xornada foron sui géneris, pois estaban ausentes as autoras de ambos blogs,
recollendo unha persoa os mesmos no seu nome. O mellor blog de moda recaeu en Flashion Low Cost, blog creado pola
coruñesa Isabel Casanova como terapia tras un accidente de tráfico, sendo o seu
mozo que, tras recibir o galardón no seu nome, quixo compartir co auditorio
algunhas das mensaxes que reciben polo seu labor e que os animan a seguir
adiante.
Recoñeceuse a La Cocina de Lechuza
como o mellor blog gastronómico, que foi recollido por Loly Llano do blog O Garfelo, quen leu un discurso de
agradecemento de Pilar Martínez, autora do blog premiado.
O Festival Social Media de Galicia rematou coa entrega dunha mención especial
ao equipo de O Tempo da TVG, pola súa
aposta polas plataformas sociais, especialmente
de Facebook, para achegarse á audiencia e tender unha ponte co público
valéndose das posibilidades da Internet, do que tense clara constancia no
propio espazo televisivo no que amósanse diariamente fotografías remitidas
polos seareiros do espazo. Encargáronse de recibir este recoñecemento Ana Celia
Vázquez e Diego Viaño, quen agradeceron o premio á organización e tamén á súa
audiencia, que foi a peza chave deste éxito que demostra que a distancia que
separa ambos lados da pantalla pode superarse grazas ás posibilidades das TIC.
Tras o certame, os asistentes puideron percorrer as rúas de Bueu para ver as
alfombras florais que adornaban a celebración do Corpus Christi, visitar o
Museo Massó e pasear pola ría en embarcacións tradicionais grazas á Asociación
Os Galos de Bueu.

